Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2024

Planas salienta a potencialidade da gastronomía coruñesa e atlántica na súa recepción no Concello

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas, con motivo da súa visita á cidade da Coruña. Rey e Planas conversaron sobre a potencialidade da gastronomía coruñesa e o posicionamento da cidade con eventos como o Fórum Gastronómico de Galicia, xunto co liderado de diferentes empresas locais no mercado internacional.

Así mesmo, a alcaldesa trasladoulle ao ministro o interese de avanzar cara unha distinción da gastronomía atlántica co obxectivo da posta en valor do produto de proximidade, da dieta e cociña tradicionais das diferentes cidades e países que conforman a macrorexión. A iniciativa xorde do traballo posto en marcha pola rede Atlantic Cities, presidida pola alcaldesa Inés Rey, para traballar nese eido.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión