3 de octubre de 2024
A décimo sexta edición de Poetas Di(n)versos trae poetas en romanés, árabe e catalán chegados dende Transilvania á antiga Mesopotamia.
A nova edición anual comezará o vindeiro luns 7 de outubro ás 20.00 horas no Centro Ágora, con Radu Vancu (de Sibiu) e Xabier Xil Xardón (de Xinzo de Limia).
O ciclo, organizado polo Concello en colaboración coa poeta e Premio Nacional de Poesía 2023 Yolanda Castaño, está consolidado como a única cita estable de España que acolle poetas internacionais mes tras mes.
Á volta do verán e por décimo sexto curso consecutivo, a programación poética do Concello da Coruña propón novos recitais poéticos internacionais xunto a voces en galego. A carón de poetas chegados dende A Limia, As Pontes ou Ferrol, chegarán outros e outras dende Transilvania, Iraq ou Cataluña cos seus versos en romanés, árabe e catalán. O ciclo de lecturas públicas, abertas e gratuítas e impulsado polo Goberno de Inés Rey, está coordinado pola poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, recoñecida o pasado ano co Premio Nacional de Poesía. Foi inaugurado en 2009 e converteuse nunha cita de referencia pola súa regularidade, diversidade e alta calidade literaria proxectada a través da voz dos seus propios autores e autoras.
Así, o trimestre inaugural e de outono desta décimo sexta edición comezará este próximo luns 7 de outubro, coma sempre no Centro Ágora ás 20.00 h. Farao co romanés Radu Vancu e o limiao Xabier Xil Xardón. O galego, Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, leva case dúas décadas intervindo en recitais, volumes colectivos e combinacións de poesía, audiovisual e artes escénicas. Pola súa banda, o prolífico e multipremiado autor nacido en Sibiu é tamén ensaísta, tradutor, antólogo, profesor universitario, redactor xefe da revista literaria Transilvania e editor de Poesis International.
Á cita de outubro seguiralle o recital da consagrada autora en lingua árabe Duna Ghali e da premiada co Miguel Glez. Garcés e o Premio Afundación de Poesía, Medos Romero. A iraquí e a pontesa compartirán escenario do Ágora o luns 4 de novembro. Para rematar o ano e os primeiros tres meses de lecturas, o luns 23 de decembro recitarán o ferrolán Mario Regueira, un dos críticos literarios galegos de maior relevo ademais de poeta e narrador, e unha das voces máis fulgurantes e prometedoras da nova literatura catalá, Pol Guasch.
Todas a lecturas ofrecerán folletos coleccionables coas biografías e poemas das persoas convidadas e emitiranse igualmente por streaming.
21 de noviembre de 2024
21 de noviembre de 2024
21 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible