15 de febreiro de 2024
A empresa GDESwind será a encargada da xestión do curso.
A empresa GDES Wind organiza un curso de reparación e mantemento de pas eólicas, cunha duración de 248 horas, cuxa 10.ª edición se iniciará a principios de marzo 2024 e durante 31 xornadas de luns a venres.
O contido da formación será o seguinte:
Prevención de Riscos Laborais, que se impartirá na Academia Newton en Vilalba (Lugo):
Teórico-práctica en REPARACIÓN DE PAS EÓLICAS homologado por GWO, "GWO Blade Repair", que se impartirá no centro de traballo de GDES Wind nas Pontes de García Rodríguez en colaboración con SEGANOSA:
Prezo do curso: gratuíto
Perfil alumnos/as: con interese real na actividade de reparación e inspección de pas eólicas. Posibilidade de contratación á finalización do curso, para o que será imprescindible a disposición a mobilidade xeográfica nacional e internacional, capacidade demostrada para traballar en altura e permiso de circulación tipo B; altamente valorado o coñecemento de idiomas (inglés, francés, nivel principalmente).
As persoas interesadas deben enviar o seu CV por correo electrónico a rrhh.wind@gdes.com indicando no asunto "Interesado/a no curso de iniciación e reparación de pas eólicas".
29 de novembro de 2024
27 de novembro de 2024
27 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible