16 de xuño de 2022
O prazo para presentar a documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño, ambos incluídos.
Hoxe publícase no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023:
En ambas as listaxes, as solicitudes publícanse segundo o código do asento e por orde alfabética.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece no cadro "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se lle entregou na oficina do Rexistro.
Se a solicitude se presentou no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
LISTAXE DE SOLICITUDES PRESENTADAS
Para oa efectos informativos publícase unha listaxe coa totalidade das solicitudes presentadas á convocatoria de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.
Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Lista de solicitudes presentadas BC 2022/2023".
LISTAXE DE CORRECCIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Esta listaxe pode consultarse ao final desta noticia, descargando o documento "Lista de corrección de documentación BC 2022/2023".
Só aparecen neste documento as solicitudes presentadas que son obxecto de requirimento de corrección (apartado 12.1 da convocatoria), identificadas polo código de asento da solicitude presentada no rexistro de entrada municipal.
Na columna ESTADO DA DOCUMENTACIÓN deste documento móstrase o estado da solicitude:
A documentación poderase presentar:
O prazo para presentar a documentación requirida é do 14 ao 28 de xuño de 2022.
26 de setembro de 2024
26 de setembro de 2024
23 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible