Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2024

Publicadas as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e en agarda de Idiomas do Mundo 2024

As persoas seleccionadas dispoñerán dun prazo de 5 días hábiles para a súa aceptación, que deberá ser asinada por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao Servizo Municipal de Educación

Xa están publicadas as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e en agarda para participar no programa Idiomas do Mundo 2024. Segundo está recollido na base 13.1 do programa, unha vez publicada a listaxe definitiva, as persoas seleccionadas dispoñerán dun prazo de 5 días hábiles para a súa aceptación, que deberá asinarse por ambos os proxenitores ou titores legais e comunicada por escrito ao Servizo Municipal de Educación, a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de aceptación finalizará o 18 de xuño, tamén incluído. Transcorrido dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia á súa participación no programa.

En calquera caso, a participación queda condicionada á adxudicación e formalización do contrato de xestión do programa cunha empresa especializada por parte do Concello, á aprobación en xuño por parte da persoa seleccionada de todas as materias de 1º de Bacharelato e á presentación a través dos rexistros oficiais do certificado de inexistencia de débedas coa Axencia Tributaria da persoa seleccionada, así como ao aboamento á empresa adxudicataria do importe correspondente á achega familiar por parte daquelas persoas seleccionadas que non conten con bolsa totalmente gratuíta.

Unha vez finalizado o prazo de aceptación ou renuncia das prazas, tras a contratación definitiva da empresa encargada da xestión do programa e, en caso de producirse algunha renuncia, procederase á publicación nesta mesma web dunha nova listaxe incorporando ás novas persoas seleccionadas como consecuencia das renuncias, seguindo a orde da lista de agarda, e procederase á convocatoria dunha reunión informativa sobre o desenvolvemento do programas coas familias das/os estudantes seleccionados/as.

Aquí pódese descargar o Modelo de aceptación e o Modelo de renuncia

Documentos relacionados

  • IDM 2024: Listaxes definitivas (387 KB)
  • Modelo de aceptación (74 KB)
  • Modelo de renuncia (75 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión