25 de xaneiro de 2019
Ábrese un prazo de presentación de alegacións de dez días naturais, dende o 26 de xaneiro ao 4 de febreiro
Co fin de que as persoas interesadas aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, emenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixesen, teranse por desistidos da súa petición, ábrese un prazo de presentación de alegacións de dez días naturais, dende o 26 de xaneiro ao 4 de febreiro.
As ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo a cláusula 25 das bases "a Comisión de Valoración examinará as alegacións presentadas e emitirá un informe motivado. A proposta de resolución definitiva dirixirase ao órgano competente que resolverá o procedemento de forma motivada. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás alegacións"; de forma que a lista definitiva de persoas selecionadas publicarase na páxina web www.coruna.gal/educacion, a partir do 5 de febreiro.
Calquera aclaración ou consulta pode realizarse no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensión 12038.
Documentos relacionados
18 de xullo de 2024
12 de xullo de 2024
10 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible