19 de setembro de 2022
Se non vas correr o Maratón Atlántica, podes achegar o teu gran de area como parte do seu programa de voluntariado
Se queres sentir o Maratón Atlántica desde dentro, colaborar coa organización e contribuír a facelo posible, Coruña42 bríndache a oportunidade de formar parte del dentro do seu programa de voluntariado.
Achegarás o teu gran de area para que todo saia á perfección o próximo 2 de outubro e nos días previos á carreira. Coruña42 regresa despois da pandemia e necesítate para seguir crecendo.
Axudaraslles ás persoas participantes na proba, tamén na 10K que se desenvolverá en paralelo e no Mini Maratón Atlántica previsto para o sábado 1 de outubro e deseñado para menores de idade.
Ademais, hai unha oferta variada de eventos relacionados coa competición, como a Exporunning, a Pasta Party ou o Breakfast Run solidario.
O teu esforzo será, como mínimo, tan importante como o de quen participe na carreira porque, sen el, non sería posible o Maratón Atlántica.
Sentirás a satisfacción de lles axudar activamente ás persoas participantes a chegar á meta. Esa será a túa gran medalla, unha achega de carácter altruísta e indispensable.
Se tes máis de 18 anos, anímate e inscríbete aquí. O prazo para formar parte do voluntariado de Coruña42 estará aberto ata as 14:00 horas do venres 23 de setembro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible