Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2024

Reaberta a pasarela de Santa Margarida, onde o Concello rematou os traballos de mellora

O plan de intervencións na infraestrutura, que supuxo un investimento de 70.000 euros, incluíu a instalación de novas varandas

O Concello da Coruña completou esta semana os traballos de conservación e mantemento na pasarela de Santa Margarida, que sobrevoa a avenida de Arteixo e conecta a rúa Industrial, no barrio da Falperra, co sector leste do parque, facilitando así o acceso peonil da cidadanía a Santa Margarida.

A intervención, que supuxo un investimento de 70.000 euros, púxose en marcha ao abeiro das obras de humanización executadas polo Concello na propia avenida de Arteixo, no treito entre o Palacio da Ópera e a rolda de Outeiro, dando así unha continuidade ás melloras que se levaron a cabo previamente no cruzamento coa rolda de Nelle.

Neste sentido, as melloras na pasarela incluíron a renovación integral das varandas, que foron substituídas atendendo á deterioración dos seus materiais polo paso do tempo e a súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas. A colocación das novas varandas foise executando por treitos nas últimas semanas, e xa recentemente dispuxéronse no percorrido de baixada cara a rúa Industrial.

Cómpre lembrar que, xa en meses previos, o Goberno de Inés Rey executou melloras deste tipo na pasarela peonil que dá acceso ao CHUAC e á contorna do Hospital San Rafael desde As Xubias, e tamén se remataron as obras de ampliación da pasarela peonil entre Pedralonga e o colexio Santa María del Mar, mellorando a accesibilidade na avenida da Pasaxe.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión