Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de agosto de 2024

Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Xurxo Souto, convidados de luxo da Banda Municipal na súa actuación da Semana Clásica

A formación coruñesa actuará mañá, domingo 18, a partir das 21.00 horas, na praza de María Pita, con entrada libre

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) volverá actuar este domingo dentro da programación da Semana Clásica, que forma parte das Festas de María Pita 2024. A formación participa un ano máis nos actos festivos da cidade dentro da sua axenda mensual. ás rúas da cidade durante as Festas de María Pita. Durante as vindeiras semanas, a agrupación ofrecerá catro concertos de temática festiva, nos que terán protagonismo artistas galegos de renome como Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Xurxo Souto, entre outros.

Este domingo a partir das 21.00 horas terá lugar 'A noite das cancións extraordinarias', na que a BMMC estará acompañada por Rosa Cedrón -voz de Luar na Lubre durante case unha década-, Paco Lodeiro, Xurxo Souto e Miguel Ladrón de Guevara. O director titular da banda, Juan Miguel Romero Llopis, levará a batuta do concerto nesta velada que homenaxeará a canción galega.

O concerto incluirá unha selección de cancións escollidas por Xurxo Souto que representan a varias xeracións de coruñeses e coruñesas, buscando conectar co público de diferentes idades. Deste xeito, o repertorio da BMMC conecta directamente coas Festas de María Pita 2024, enchendo a praza de María Pita do cancioeiro popular da cidade na voz de populares cantantes.

A programación de agosto da BMMC continuará o xoves 22

A actuación en María Pita será o paso preliminar á volta da banda ao Campo da Leña, onde xa deixou o seu selo durante o mes de xuño cun ciclo de concertos a pé de rúa. O xoves 22 (20.00 horas), o cantante de orquestra galego Antonio Barros acompañará á formación coruñesa para lle dar forma á 'Verbena sinfónica', un programa inspirado precisamente na música de verbena, e que tivo unha gran recepción por parte do público da cidade noutra actuación que tivo lugar no Ágora o pasado mes de febreiro, tamén con Barros sobre as táboas do auditorio.

A programación de agosto pecharase precisamente no Campo da Leña. Será o xoves 29 (20.00 horas), coa BMMC e o gaiteiro José Manuel López 'Josele', nunha actuación próxima á música galega e irlandesa.

Como xa é habitual, os concertos da BMMC serán abertos ao público, con acceso de balde.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión