Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xuño de 2024

San Agustín acolle esta fin de semana a edición de verán do Mercado das Nubes

O Goberno de Inés Rey colabora na dinamización do mercado municipal con diversos actos ao longo do ano no seu segundo andar

O mercado municipal de San Agustín acollerá entre este venres 14 e o domingo 16 de xuño a edición de verán do Mercado das Nubes, promovido polo Concello xunto con Estrella Galicia e Océano Azul. Está prevista a presenza de 60 negocios de marcas, emprendedores, arte ou decoración.

O Goberno de Inés Rey colabora na dinamización dos mercados con actividades ao longo do ano, como esta, que busca fomentar a compra sostible e responsable, visibilizando o talento, a creatividade e a diversidade de propostas. Ademais, tamén haberá catro actuacións musicais ao mediodía e pola tarde, con Sophie Simonds (venres ás 19.00 horas), Erik Lepeich (sábado ás 13.45 horas), Carlos Varela (sábado ás 18.30 horas) e Edu Calvario (domingo ás 13.45 horas).

O Mercado das Nubes tamén conta cunha sección gastronómica, da man de Estrella Galicia. Nesta ocasión, os cociñeiros convidados serán Chisco Jiménez, do Culuca, e Moncho Bargo, do Pracer. Estarán, a partir das 13.00 horas, o sábado e o domingo, respectivamente. Haberá, ademais, un posto de xeados de Bico de Xeado.

Ademais, tamén haberá unha zona infantil para que as persoas asistentes deixen aos seus nenos e nenas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión