Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2022

Servizos de Coruña10, caixóns e dorsais

Conta atrás para a sexta mellor proba 10K de España. O domingo é o día e contámosche os servizos para as persoas corredoras, a entrega de dorsais e como será a saída

A décimo sexta edición da popular Coruña10, a sexta mellor 10K de España segundo a Real Federación Española de Atletismo, está ao virar a esquina. O domingo é o día e contámosche a continuación os servizos dos que dispoñerás como corredor/a e outros detalles desta proba que cambiou o circuíto para convertelo no máis veloz da súa historia, deseñado para bater récords.

Caixóns de saída

Serán seis caixóns que se distribuirán segundo os dorsais asignados. As persoas participantes deberán estar no seu posto dez minutos antes do disparo oficial de saída.

O caixón azul será para quen teña unha marca inferior a 36 minutos; o laranxa, para menos de 41 minutos; o amarelo, por baixo de 46 minutos; o rosa, para quen rexistrase un tempo inferior aos 51 minutos; o verde para menos dunha hora e o resto, utilizarán o vermello.

Cor Tempo
Caixón 1 menos de 0:36:00
Caixón 2 menos de 0:41:00
Caixón 3 menos de 0:46:00
Caixón 4 menos de 0:51:00
Caixón 5 menos de 1:00:00
Caixón 6 resto

Servizos da carreira

  • As persoas participantes dispoñerán de servizo de gardarroupa en horario de 9.00 a 12.00 horas.
  • Habilitarase un servizo de duchas no Frontón Municipal de Riazor entre as 10.00 e as 14.00 horas (ensinando o dorsal).
  • Tamén se ofrecerá servizo de fisioterapia nas inmediacións da zona de meta (Parrote).
  • Colocaranse baños para os/as atletas na zona de saída.
  • Situarase un posto de avituallamento na metade do percorrido, no cruzamento da avenida do Exército coa Estrada do Porto, e outro na zona de meta. Habilitaranse colectores de uso obrigatorio para a recollida de residuos.

Chips e dorsais

Os/as deportistas deberán levar ben colocado o dorsal que inclúe o chip para rexistrar os tempos. No percorrido estableceranse varios puntos de control de chips. A única categoría sen chip (si con dorsal) é a de Peques.

Os dorsais están dispoñibles para a súa recollida en El Corte Inglés da Coruña (Ramón y Cajal) este venres de 10:00 a 22:00 h e sábado de 10:00 a 21:30 horas. Excepcionalmente, os dorsais poderán recollerse na zona próxima á saída o día da carreira, desde as 8:30 ata as 13:00 horas, segundo a categoría.

Actividade solidaria

Lembra que ademais da carreira, podes participar na actividade solidaria de zumba coa que se recadarán fondos para AGA-Ucraína e cuxa inscrición está aberta na web de Carreiras Galegas. Ademais, no horario habilitado para a recollida de dorsais en El Corte Inglés da Coruña tamén poderás realizar doazóns de maneira presencial.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión