15 de abril de 2025
A histórica formación interpretará cancións de ‘Camiño longo’
A histórica formación de música galega Treixadura actuará o vindeiro 16 de maio no Teatro Colón da Coruña. A actuación servirá para que o público coruñés poida escoitar en directo as cancións do seu último álbum, 'Camiño longo'.
"Desde o Goberno de Inés Rey levamos anos fomentando o coñecemento da cultura galega entre a cidadanía, ofrecendo ademais de actuacións singulares nos nosos espazos municipais, como este concerto, ciclo e celebracións como a Romaría de Santa Margarida, que cada ano ten máis adeptos", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas para este concerto xa están á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. O día da actuación, en caso de quedar localidades dispoñibles, tamén se poderán adquirir no propio teatro.
Desde 1990, Treixadura leva aos escenarios un espectáculo único que combina o canto e a gaita, elevando a música tradicional ao máis alto nivel artístico. Fieis á súa esencia, teñen rescatado melodías do anonimato, creado novas composicións e compartido a forza evocadora do canto colectivo.
Cunha traxectoria de 8 discos, colaboracións con figuras como Rodrigo Romaní ou Kepa Junkera, Treixadura representa a ponte viva entre a raíz cultural galega e a súa reinterpretación contemporánea. Unha experiencia emocionante que converte o público no verdadeiro protagonista de cada concerto.
22 de abril de 2025
11 de abril de 2025
9 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible