Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

1 de marzo de 2025

Troula Seguido e Chinchetas de Meicende gañan o concurso de comparsas e carrozas, que reuniu a milleiros de persoas nas rúas

Un total de 24 comparsas participaron nas dúas modalidades e desfilaron desde o Porto ata María Pita

As comparsas Troula Seguido e Chinchetas de Meicende gañaron esta tarde os concursos de vestiario, coreografía e orixinalidade e carrozas do Antroido coruñés. O centro da cidade acolleu un desfile no que participaron 1.150 persoas e ao que asistiron 30.000 coruñeses e coruñesas.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, como presidente do xurado, fixo entrega a ambas comparsas do seu premio, de 1.500 euros cada un. Ademais, no concurso de vestiario, coreografía e orixinalidade tamén foron premiados Chinchetas de Meicende. Pola súa banda, no concurso de carrozas tamén obtiveron premio e mención Polilegos Carralexos.

O desfile iniciouse este ano desde o peirao de Calvo Sotelo, no Porto. As 24 comparsas e carrozas partiron dirección á praza de María Pita, pasando polos Cantóns e a Marina. O Concello coordinou un dispositivo especial de seguridade, con cortes de tráfico e desvíos que comezou ás 17.30 horas.

"O Antroido coruñés ten coma unha das súas citas de referencia este desfile do sábado, un evento multitudinario que amosa o sentimento que hai na cidade por esta festividade", sinalou Gonzalo Castro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible