Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2024

Últimas entradas á venda para a actuación de Rodrigo Cuevas na Coruña, que abrirá este xoves a Romaría de Santa Margarida

O artista asturiano presentará no anfiteatro o seu novo disco ‘Manual de Romaría’

O artista asturiano Rodrigo Cuevas presentará na Coruña o seu último traballo 'Manual de Romería'. Será este xoves 29 no anfiteatro de Santa Margarida, na antesala dunha Romaría de Santa Margarida que amplía a catro días a súa programación, con numerosas actividades e actuacións para todo tipo de públicos, vinculadas todas elas co baile e a música tradicional galega. O Goberno de Inés Rey, dentro do programa das Festas de María Pita, continúa a ofrecer espectáculos de primeiro nivel, para todo tipo de públicos.

Galardoado co Premio Nacional das Músicas Actuais e co seu último traballo á fronte das listas de éxitos do 2023, Rodrigo Cuevas amosará na Coruña a súa reinterpretación do folclore, sobre todo do asturiano. O artista ofrece nos seus concertos ritmos que invitan ao baile a través de música que mestura a tradición e a modernidade.

Rodrigo Cuevas (Oviedo, 1985) é un dos máximos representantes do folclore contemporáneo e os seus tres discos acaparan numerosas boas críticas de medios especializados. Os seus vínculos coa música tradicional galega son evidentes e teñen a súa orixe na súa infancia, cando viviu nunha aldea do interior da provincia de Lugo. Cuevas mestura a tradición con outros xéneros como a música electrónica e os seus espectáculos contan cunha posta en escena buscada e minuciosa. 

As últimas entradas para a súa actuación deste xoves en Santa Margarida continúan á venda a través de Ataquilla. A apertura de portas será ás 21.00 horas. Ás 21.30 horas abrirán o espectáculo Pansenfron e ás 22.00 horas comezará o concerto de Rodrigo Cuevas.

A súa actuación será a antesala dunha Romaría de Santa Margarida que servirá para poñer fin a estas Festas de María Pita 2024. Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro haberá actuacións das asociacións de cultura galega da cidade, así como concertos do nivel de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Xurxo Fernandes.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión