30 de novembro de 2020
A final realizouse o pasado venres no Centro Ágora con capacidade limitada
Jorge Gómez García, alumno de 4.º da ESO do IES Agra do Orzán, logrou o primeiro premio do concurso A maxia da robótica concedido polo Concello da Coruña. Coordinou a actividade neste centro a profesora M.ª Jose Martínez Rey .
O segundo premio do concello recalou en Daniel Güeto Sandás, un alumno de 1.º de bacharelato do IES Menéndez Pidal. Da coordinación da actividade neste centro encargouse a profesora Paz Freire Campo.
O Concello da Coruña concedeulles dous premios de material por valor de 300 euros aos dous centros do concello que obtiveron a mellor puntuación, un en cada unha das categorías.
O premio de Igaciencia
Pola súa banda, Igaciencia concedeulle o seu premio a Adrián Barcia Mosquera de 4.º da ESO do IES Carvalho Calero de Ferrol, cuxa coordinación da actividade correu a cargo da profesora M.ª Ángeles Ruiz-Matas García. O premio consistiu nun equipo Lego NXT (válido para programar con EV3).
Á cerimonia de entrega asistiron o concelleiro de Educación, Jesús Celemín Santos, e o presidente de Igaciencia, Manuel Díaz Regueiro.
18 de outubro de 2024
16 de outubro de 2024
14 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible