Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de agosto de 2024

Nereida Canosa: “O noso obxectivo é seguir ofrecendo alternativas de lecer saudable á mocidade coruñesa con espazos e programas do seu interese”

Un cento de mozos e mozas da Coruña pechan o verán participando en actividades de lecer gratuítas

O Concello programou cinco cursos de surf, paddle surf, skate e orientación e supervivencia para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos

O Concello da Coruña programou para esta última semana de agosto un total de cinco actividades no marco do programa municipal de promoción do lecer saudable e produtivo en mozos e mozas, con cursos de surf, paddle surf, skate e orientación e supervivencia para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, visitou esta mañá ao alumnado de 'Multiaventura: supervivencia e orientación' no Monte de San Pedro, acompañada do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.

Canosa destacou o pulo do Goberno de Inés Rey á oferta de actividades para mozos e mozas: "O noso obxectivo é seguir ofrecendo alternativas de lecer saudable á mocidade coruñesa con espazos e programas do seu interese".

En canto á actividade 'Multiaventura', dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos, consta de catro sesións prácticas en horario de 10.00 a 11.30 horas con formadores especialistas en orientación e supervivencia. As persoas que participan nas actividades poden aprender nocións básicas de uso de material de montaña (brúxula, lectura de planos, etc.), recomendacións e consellos. Como punto final da actividade, o día 30 de agosto, o grupo desplazarase a Ledoño para unha última xornada práctica, nunha instalación acondicionada e adaptada aos menores participantes.

Durante o día de hoxe tamén se está a levar a cabo o 'Paddle Surf Experience' na praia de Santa Cristina, para mozos e mozas de 18 e 30 anos e que se suma ao curso 'Iniciación ao Paddle Surf' celebrado o pasado luns, con mozos e mozas de entre 12 e 17 anos. E a pasada semana 20 rapaces realizaron un bautismo de surf na praia do Orzán, tamén con idades comprendidas entre 12 e 17 anos.

A última actividade é 'skate experience' na pista de skate do Parque de Eirís. Terá lugar os días 29 e 30 de agosto de 16.30 a 19.30 horas e non é preciso dispor dunha táboa xa que se lle poderá facilitar ao alumno ou alumna polo profesorado.

As actividades forman parte do plan nacional de prevención de adicións, ofertando alternativas de ocio para mozos e mozas. En total, cada actividade contaba con 20 prazas dispoñibles. A inscrición realizábase de forma en liña na páxina web do Concello, sendo a admisión por orde de inscrición. Canosa celebrou a alta demanda de solicitudes por actividade, sendo máis de 300 as solicitudes formuladas entre as cinco propostas. "É unha mostra de que as actividades son atractivas e que a oferta é acorde aos seus intereses, polo que seguiremos traballando na mesma liña".

A edil lembrou que o Concello conta cunha rede de Centros Xuvenís pioneira en Galicia, cos espazos do Remanso e as Naves do Metrosidero de ocio autoxestionado: "A oferta de espazos de ocio combínase con programas de ocio alternativo como Nocturnia, que tamén conta cunha grande demanda en cada convocatoria", sinalou. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión