Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de agosto de 2024

Un total de 550 toneladas de lixo foron recollidas dende o inicio da emerxencia sanitaria

“Os actos vandálicos que están a padecer os cidadáns non poden quedar impunes, os autores destes feitos deberán responder ante a xustiza”, indicou a alcaldesa

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este sábado do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 84 toneladas de lixo orgánico e inorgánico, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 550 toneladas de lixo.

Un total de 159 contenedores queimados

Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, produciuse a queima intencionada de 159 contedores nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

Na pasada noite contabilizáronse dúas incidencias de contenedores afectados. A primeira delas, ás 01.00 horas, na rúa Perpetuo Socorro, en Catro Camiños, con dous contenedores subterráneos queimados. Os bombeiros tiveron que intervir novamente en torno ás 2.25 para extinguir o lume sobre os mesmos contenedores, xa que se volveron prendelos, danándose a cristaleira dun negocio. Xa ás 01.15 horas, na rúa Bergondo, en Eirís, os Bombeiros interviron para sofocar un incendio nun contenedor que afectou a unha furgoneta estacionada, con importantes danos na parte frontal.

Mentres actúan tanto Fiscalía coma os equipos de investigación da Policía Nacional, o Concello pedirá novamente á Delegación do Goberno que reforce a seguridade durante a noite co obxectivo de deter aos autores duns actos vandálicos que xa causaron tres feridos e numerosos danos materiais tanto en bens públicos como privados. "Os actos vandálicos que están a padecer os cidadáns non poden quedar impunes, os autores destes feitos deberán responder ante a xustiza", indicou a alcaldesa.

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No sexto día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller, cun impacto en barrios Matogrande, Eirís, Mesoiro ou Feáns onde as porcentaxes de recollida foron inexistentes.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

  • Monte Alto: 30%
  • Cidade Vella: 30%
  • Pescaría - Centro: 95%
  • Os Rosales - Labañou: 50%
  • Estadio: 80%
  • Ventorrillo - Agra do Orzán: 55%
  • Sagrada Familia: 20%
  • A Sardiñeira - Elviña: 30%
  • Os Mallos: 30%
  • O Castrillón: 20%
  • Os Castros: 40%
  • Matogrande - Eirís: 0%
  • Mesoiro - Feáns - Valaire: 5%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión