8 de marzo de 2025
Os asistentes ao centro cívico de Monelos poderán aprender o vindeiro xoves día 13 distintas formas de coidar o planeta desde casa
Reducir residuos, aforrar auga e enerxía, reciclar de forma eficiente e escoller produtos máis respectuosos co medio son pequenos xestos que axudan ao planeta e que todos podemos facer nos nosos fogares. Este será o contido da última actividade programada dese o Concello dentro do ciclo de Educación Ambiental nos centros cívicos e que se celebrará o vindeiro xoves 13 de marzo no CC de Monelos. A inscrición, totalmente gratuíta, pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico educacionambiental@coruna.gal.
"A sustentabilidade empeza en casa e todos podemos contribuír a que a nosa actividade cotiá sexa máis respectuosa coa contorna non só porque con iso contribuímos a conservalo senón porque tamén podemos aforrar enerxía, reducir consumos innecesarios e reciclar obxectos que temos en casa", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira.
Coa charla no CC de Monelos péchase este primeiro ciclo de actividades gratuítas nos centros cívicos que permitiu achegar aspectos centrais da educación ambiental a públicos de todas as idades. "Continuaremos desde o Goberno de Inés Rey explorando novos temas de interese para a cidadanía para mellorar e ampliar a nosa oferta", agregou Neira.
Este primeiro ciclo de conferencias centrouse en tres aspectos clave: o coñecemento e o respecto da biodiversidade da nosa cidade, o coidado de mascotas e as posibilidades de coidar o planeta desde casa, aforrando enerxía e reciclando de forma máis eficiente. As actividades, totalmente gratuítas, han sido impartidas por expertos ambientais e en dous delas se han programado saídas que complementarán o aprendido.
Toda a información sobre as actividades estará dispoñible na web municipal e nos centros cívicos. A inscrición pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico educacionambiental@coruna.gal
7 de marzo de 2025
19 de febreiro de 2025
16 de febreiro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible