Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de junio de 2024

Unha exposición na Mariña conmemora os 60 anos de historia do Instituto José Cornide

Gonzalo Castro: “Achegar á rúa e aos paseantes a actividade deste instituto municipal tamén encaixa á perfección co espírito da cidade”

Unha exposición composta por oito paneis informativos repasa desde hoxe os 60 anos de historia do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A entidade, nada en abril de 1964, conmemora deste xeito o seu aniversario, buscando dar difusión a un importante legado e un labor investigador mantido durante décadas.O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, e responsable de área de Cultura, Gonzalo Castro, visitou esta mañá a mostra, situada no lateral da Autoridade Portuaria. "Facer entender a cidade é un dos motivos da existencia do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses, cuxos 60 anos de traxectoria conmemoramos con esta fantástica exposición", indicou Castro, que estivo acompañado pola directora da entidade, Ana Romero Masiá, quen xunto a María Jesús Garea e Amilio Grandío é tamén comisaria da mostra. Os oito paneis compilan imaxes históricas da entidade, que custodia un importante patrimonio documental e que desde a súa fundación foi un piar fundamental para promover investigacións e publicacións vinculadas coa historia da cidade, contribuíndo así ao seu mellor coñecemento e á súa máis ampla difusión."Achegar á rúa e aos paseantes a actividade deste instituto municipal tamén encaixa á perfección co espírito da cidade, na que a personalidade ilustrada sempre contou con vocación expansiva e socializada", indicou Castro, quen recordou o apoio que o Goberno de Inés Rey lle presta desde o ano 2019 á entidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión