29 de noviembre de 2020
A instalación deportiva, que responde a unha petición da veciñanza, situarase xunto á área biosaudable que o Concello está habilitando
O Concello ten previsto construír unha pista multideporte que completará o espazo de ocio no ámbito da praza da Tolerancia, en Labañou, e que ten un orzamento de licitación de 195.000 euros. A instalación responde a unha petición da veciñanza para que se dotase ao barrio dunha pista para a práctica de distintos deportes. A mesma situarase xunto ao parque infantil e á área biosaudable que o Concello está habilitando, e que inclúe distintos aparatos de ximnasia para que as persoas maiores poidan facer exercicio físico.
Segundo a alcaldesa, Inés Rey, a actuación busca pór en valor a zona, tanto para o uso deportivo como para o uso lúdico, e facilitarlle á veciñanza a realización de actividades deportivas.
Os traballos inclúen a construción da pista, así como a instalación do equipamento deportivo necesario. Tamén se contempla a plantación de árbores nas zonas verdes e a instalación de rego para estas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible