Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2024

Visitas guiadas gratuitas

Dende o Programa de Emprego do Concello da Coruña "Unha Ventá ao porto Medieval da Coruña", a especialidade de Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, queremos facervos partícipes dun dos nosos traballos na creación dunha programación cultural para a Cidade Vella da Coruña.

Dende o Programa de Emprego do Concello da Coruña "Unha Ventá ao porto Medieval da Coruña", a especialidade de Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, queremos facervos partícipes dun dos nosos traballos na creación dunha programación cultural para a Cidade Vella da Coruña. 

Queremos invitarvos a un dos proxectos que estamos a desenrolar, "Travesía pola historia. Entre muros e rúas medievais", no que estamos a ofrecer visitas abertas á cidadanía.

Temos visitas guiadas, feitas e executadas polo propio alumnado-traballor do programa, e quedan prazas nestas datas xoves 1, martes 6 e xoves 8 de agosto ás 10.30 con unha hora de duración aproximadamente, o lugar de partida é na praza do Museo Militar da Coruña.

Para inscribirse gratuitamente pincha aquí: FORMULARIO INSCRIPCIÓN (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf0qzUeXo2Oeyds3domXQtDYHpvoC6AnNdg8bsHw7LRYYtEqw/viewform)

A Idade Media da Coruña foi durante moito tempo unha época moi esquecida, especialmente a Alta Idade Media, momento no que incluso para algúns investigadores os territorios quedarían sen ocupación durante varios séculos. Pero na actualidade, parece probado que isto non foi así, que a ocupación, aínda que se reduciu, continuaría sen paróns dende a época da romanización ata a Idade Moderna. Un feito moi relevante é a concesión da Carta de Poboación no 1208 por parte de Alfonso IX de León, citándoa como a fundación da Cidade da Coruña. Pero todo o que aconteceu previamente e posteriormente, queda reducido en moitos casos a datos illados e inconexos.

Esta falta dun relato completo, que chegue á actual poboación da cidade da Coruña, fai necesaria a creación de accións e actividades específicas para darlle luz a este período marcado pola escuridade. Pero non só se tratará de aspectos históricos, senón tamén de facer un percorrido completo de maneira sinxela e didáctica que explore toda a realidade deses máis de dez séculos de historia. Abordarase dende unha perspectiva histórica, artística, xeográfica, cultural, social, económica e política, tendo como protagonistas aos propios espazos que, aínda que modificados, tiveron unha grande importancia na Idade Media da Coruña.

Os obxectivos que se marcan na citada programación buscan dar a coñecer e por en valor o medievo coruñés, pero tamén aumentar e diversificar a oferta cultural pública que ten actualmente o Concello da Coruña.

Neste proxecto, abordaranse ambos obxectivos amosando á cidadanía da Coruña os elementos principais da Idade Media na Coruña e apoiándose en accións e actividades diferenciadas, didácticas e participativas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión