24 de febreiro de 2021
Os días 13, 14 e 15 de abril farase a presentación dos ciclos de F.P.
O Servizo Municipal de Educación organiza cada ano as Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional destinadas a dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO) así como a oferta dos ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Debido á situación xerada pola Covid-19 vémonos na obriga de modificar as XOUP para adaptarnos á realidade actual. Así, en relación coa presentación dos graos universitarios compartimos na web de Educación a información facilitada polas universidades sobre as accións telemáticas que se van desenvolver para presentar a súa oferta. No que respecta ás visitas aos centros que imparten estudos de Formación Profesional realizaremos, na maioría dos casos, conexións por videoconferencia, para que cada centro presente os ciclos que imparte.
Poden realizar a inscricición ás Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional a través desta ligazón.
Para máis información poden contactar co Servizo Municipal de Educación a través do correo electrónico educacion@coruna.es ou chamando ao 981 184 200 ext. 12047.
PRESENTACIÓN DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA: UDC, USC, UVIGO
Dado que este curso non podemos desenvolver as XOUP no Centro Universitario de Riazor (CUR), optamos por difundir a información facilitada polas universidades en relación coa presentación dos seus estudos de grao.
UNIVERSIDADE DA CORUÑA:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
UNIVERSIDADE DE VIGO:
Oferta académica:
PRESENTACIÓN DOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (13, 14 E 15 DE ABRIL)
Unha vez consultados os centros que participaron nas Xornadas de Orientación durante as últimas edicións, elaboramos un calendario de presentación dos ciclos que imparten na actualidade. Cómpre resaltar a boa acollida de todos os centros en relación con esta iniciativa e indicar que os que non participan é por motivos organizativos que lles impiden adaptarse a esta proposta neste momento concreto.
O modelo deste curso baséase na presentación mediante videoconferencia dos ciclos formativos. As persoas interesadas en participar terán que facer unha solicitude de inscrición e a posteriori remitirémoslles unha ligazón para acceder á conexión.
O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) colaborará atendendo as consultas realizadas polas persoas inscritas, a través do correo cmix@coruna.es ou mediante o WhatsApp 606 362 366.
DESCRICIÓN DAS SESIÓNS, CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E CALENDARIO
O persoal docente de cada centro presentará os ciclos ofertados. As sesións durarán entre 60 e 90 minutos e incluirán un período para facer preguntas.
PROGRAMA DE PRESENTACIÓN DOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Data |
Hora de visita |
Centro de FP |
Especialidade de FP |
TIPO |
13/04/2021 |
16:00 |
IES A Sardiñeira |
CM Operacións de laboratorio |
Dixital |
CS Laboratorio de análise e control da calidade |
Dixital |
|||
CS Química industrial |
Dixital |
|||
13/04/2021 |
17:00 |
IES Ramón Menendez Pidal |
CM Actividades comerciais |
Dixital |
CS Comercio internacional |
Dixital |
|||
CS Xestión de vendas e espazos comerciais |
Dixital |
|||
14/04/2021 |
16:30 |
CIFP Ánxel Casal |
CS Documentación sanitaria |
Dixital |
CS Química e Saúde ambiental |
Dixital |
|||
CS Dietética |
Dixital |
|||
CS Audioloxía protésica |
Dixital |
|||
14/04/2021 |
16:45 |
CIFP Ánxel Casal |
CM Atención a persoas en situación de dependencia |
Dixital |
CS Animación sociocultural e turística |
Dixital |
|||
CS Educación infantil |
Dixital |
|||
CS Integración social |
Dixital |
|||
CS Mediación comunicativa |
Dixital |
|||
14/04/2021 |
17:00 |
CIFP Ánxel Casal |
CM Coidados auxiliares de enfermaría |
Dixital |
CM Farmacia e parafarmacia |
Dixital |
|||
CM Emerxencias sanitarias |
Dixital |
|||
14/04/2021 |
17:15 |
CIFP Ánxel Casal |
CS Hixiene bucodental |
Dixital |
CS Próteses dentais |
Dixital |
|||
CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
Dixital |
|||
CS Radioterapia e dosimetría |
Dixital |
|||
CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico |
Dixital |
|||
CS Laboratorio clínico e biomédico |
Dixital |
|||
14/04/2021 |
17:30 |
CIFP Imaxe e Son |
CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe |
Dixital |
CS Son para audiovisuais e espectáculos |
Dixital |
|||
CS Produción de audiovisuais e espectáculos |
Dixital |
|||
CS Realizacións de proxectos audiovisuais e espectáculos |
Dixital |
|||
CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos |
Dixital |
|||
15/04/2021 |
16:00 |
EASD Pablo Picasso |
CS Fotografía |
Dixital |
CS Ilustración |
Dixital |
|||
CS Dourado, prateado e policromía |
Dixital |
|||
CS Escultura aplicada ao espectáculo |
Dixital |
|||
CS Taller cerámico I e II (modular) |
Dixital |
|||
CS Taller de madeira |
Dixital |
|||
15/04/2021 |
17:00 |
IES Urbano Lugrís |
CS Sistemas de telecomunicación e informáticos |
In situ |
CS Automatización e robótica industrial |
In situ |
|||
CS Sistemas electrotécnicos e automatizados |
In situ |
|||
CM Instalacións de telecomunicacións |
In situ |
|||
CS Mantemento electrónico |
In situ |
|||
CM Mantemento electromecánico |
In situ |
Nota: no caso das visitas presenciais ao IES Urbano Lugrís, as persoas solicitantes, para acceder ao centro, deberán presentar o xustificante da solicitude de inscrición xunto co seu DNI.
Documentos relacionados
22 de xullo de 2024
20 de xullo de 2024
19 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible