14 de setembro de 2023
Dezaoito rapazas e rapaces do centro educativo bonaerense visitaron o Palacio Municipal, no marco da viaxe de estudos que están levando a cabo este mes en Galicia
O Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita acolleu este xoves o acto de recepción ao alumnado do Instituto Arxentino-Galego 'Santiago Apóstol', de Bos Aires. A visita, na que tomaron parte 18 rapazas e rapaces e dúas docentes, contextualízase no marco da estadía que o alumnado do centro educativo arxentino está levando a cabo en Galicia neste mes de setembro.
Neste sentido, a concelleira da Área municipal de Benestar Social, Yoya Neira, acompañada polo concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, recibiu as e os viaxeiros lembrando "os fortes lazos, históricos e culturais, que unen a Galicia con Latinoamérica".
Ademais, o alumnado do 'Santiago Apóstol' tivo a ocasión de efectuar unha visita guiada polo interior do Palacio Municipal de María Pita, onde coñeceu as diversas dependencias do edificio.
27 de febreiro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible