1. INTRODUCIÓN
O Concello da Coruña (en diante, tamén a Organización), con CIF P-1503000 J, é titular do portal da Internet ou sitio web https://www.coruna.es/ e da sede electrónica https://sede.coruna.gal/sede/gl
A través do presente, a Organización informa das Condicións e Termos Xerais que regulan o acceso, navegación e uso do portal da internet, así como a sede electrónica. En particular, informa e regula o acceso e uso do portal da internet, como punto de acceso electrónico e da sede electrónica, como dirección electrónica, postas ao dispor da cidadanía, de conformidade cos artigo 38 e 39 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
A Organización poderá, en todo momento e sen aviso previo/previo aviso, modificar as Condicións e Termos Xerais de Uso, así como, no seu caso, as Condicións Particulares que se establecesen. É por isto que se recomenda que antes de iniciar a navegación, lea atentamente o presente 'Aviso Legal'.
2. CARÁCTER DA INFORMACIÓN PUBLICADA NO PORTAL OU SITIO WEB
As informacións ofrecidas mediante este medio teñen exclusivamente carácter ilustrativo e non orixinan dereitos nin expectativas de dereitos, e non se fai responsable dos contidos accesibles mediante ligazóns ou documentos existentes noutros dominios.
A Organización procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como os detecta. Con todo, a Organización non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado.
A información contida no portal ou a sede electrónica pode ser modificada e actualizada pola Organización, sen necesidade de aviso previo, tanto no relativo ao seu contido como ao seu deseño e presentación. Con carácter xeral, a información dispoñible no portal ten que ser entendida como unha guía sen propósito de validez legal.
A información administrativa facilitada a través do mesmo non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións xerais e dos actos que teñan que ser publicados formalmente nos diarios ou boletíns oficiais das administracións públicas. No caso de calquera discrepancia entre a versión de documentos e información obtida neste sitio web e a versión considerada oficial, a versión oficial das administracións é a única legalmente válida.
3. PORTAL DE TRANSPARENCIA
A través da información publicada no portal de transparencia, a Organización atende de xeito periódico e actualizado ao principio de publicidade activa establecido pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e, no seu caso, á normativa autonómica vixente, cos mecanismos axeitados para facilitar a accesibilidade, a interoperabilidade, a calidade e a reutilización da información, así como a súa identificación e localización.
4. CARÁCTER DA CAIXA DE CORREOS DE QUEIXAS E SUXESTIÓNS
A información proporcionada en resposta a calquera suxestión ou queixa, a través da caixa de correos de Queixas e Suxestións, ten carácter meramente orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se atopan estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.
Non terán a consideración de queixas perante os servizos administrativos:
5. CONDICIÓNS E TERMOS XERAIS
Polo acceso e navegación polo portal da internet da Organización e/ou pola utilización dos servizos incluídos no mesmo, vostede adquire a condición de usuario, sen reservas de ningunha clase, a todas e cada unha das presentes Condicións e Termos Xerais de Uso, e das Condicións Particulares que no seu caso regulan a prestación dos servizos que se dispuxesen no portal ou sitio web, sen prexuízo da atención e cumprimento por parte do usuario das condicións fixadas e previstas polos sitios web ligados dende https://www.coruna.gal, das cales non responde a Organización.
En todo caso, o usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que a Organización ofrece a través do portal ou sede electrónica; e, con carácter enunciativo, pero non limitativo:
En caso de contravir as condicións anteriores, a Organización resérvase a facultade e estará lexitimada para bloquear, suspender ou cancelar, de forma inmediata e sen aviso previo, o acceso e uso do portal ou sede electrónica e, no seu caso, para retirar os contidos presunta ou declaradamente ilegais, xa o realice ao seu exclusivo criterio e a pedimento de terceiro afectado ou de autoridade competente.
6. RESPONSABILIDADE
A Organización non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen derivar de, con carácter meramente enunciativo e non limitativo:
7. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os elementos do portal (incluídos, sen carácter limitativo, códigos fonte, bases de datos, deseño, imaxes, fotografías, debuxos, gráficos, animacións, aplicacións, motores de procura, páxinas, logotipos, marcas e nomes comerciais) son propiedade da Organización ou foron cedidos á mesma (a menos de que non se indique expresamente). Por tanto, os dereitos de autoría e explotación en toda a súa extensión e modalidades atópanse protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade intelectual e industrial, a infracción das cales constitúe unha actividade ilícita e delituosa. En particular, pero sen limitar a obriga do usuario expresada no apartado anterior, quedan prohibidas a reprodución, a transformación, distribución, comunicación pública e en xeral calquera outra forma de explotación, por calquera procedemento, de todo ou parte dos contidos deste portal, como tamén do seu deseño, métodos de selección ou formas de presentación dos recursos e materiais incluídos do mesmo. Autorízase a reprodución (impresión e descarga) de extractos dos contidos do portal ou sitio web unicamente cando se realicen para o uso persoal ou privado, ou a nivel de investigación ou estudo.
8. REUTILIZACIÓN DA INFORMACIÓN DO SECTOR PÚBLICO
De conformidade co artigo 8 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, a reutilización da información das Administracións e dos organismos do sector público estará sometida, entre outras, ás seguintes condicións xerais:
Prohíbese a reprodución total ou parcial dos contidos publicados no Portal. Porén, os contidos que sexan considerados como datos abertos na Sede electrónica.
A utilización dos conxuntos de datos, postos de forma aberta, realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela. Con todo, con carácter excepcional e de maneira motivada, a Organización poderá optar por aplicar as modalidades previstas nos parágrafos b) e c) do artigo 4.2 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público:
9. CALENDARIO, HORAS OFICIAIS E CÓMPUTO DE PRAZOS NA SEDE ELECTRÓNICA
A sincronización da data e a hora da sede electrónica realízase co Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA). Para calquera trámite que se realice dende esta sede, serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan as que teñan validez legal, e non as do equipo dende o cal se efectúa o trámite. É necesario actualizalas cando se queira ter a seguridade da data e da hora nun momento dado. En canto ao cómputo de prazos, de conformidade co artigo 30.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas «sempre que por Lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos. Cando os prazos foran sinalados por días naturais por declaralo así unha lei ou polo Dereito da Unión Europea, farase constar esta circunstancia nas correspondentes notificacións». Con todo, de conformidade co establecido na Disposición Transitoria Terceira, apartado a) do mesmo texto legal, nos procedementos xa iniciados antes da entrada en vigor da Lei, esta non lles é aplicable e réxense pola normativa anterior.
10. ESPAZOS CON ACCESO RESTRINXIDO
O acceso a certos apartados deste sitio web está protexido por código de usuario e contrasinal (que deberá establecer ao cumprimentar o formulario de rexistro), sendo estas as súas credenciais e respecto a as cales, o usuario adquire os seguintes compromisos:
11. REDES SOCIAIS
A Organización (ou, no seu caso, áreas, departamentos ou organismos públicos, integrados, vencellados ou dependentes desta Organización) pode estar presente, actualmente ou no futuro, en redes sociais da Internet, onde considere oportuno establecer presenza. Estes espazos consideraranse oficiais, non asumindo responsabilidade polo uso ou contidos dispostos en calquera outras contas ou espazos abertos nas redes sociais por parte de terceiros.
A Organización tampouco asumirá responsabilidade do uso ou contidos dispostos a través de contas ou espazos abertos por parte dos seus cargos públicos, creados de maneira particular no ámbito privado ou a través de partido político ou outro colectivo ao que pertenceren.
A Organización, como administrador das súas instancias propias nas devanditas redes, poderá decidir a non publicación e/ou o borrado de calquera contido publicado nas mesmas.
En calquera caso, o usuario é o único responsable dos contidos que, no seu caso, publique nestas redes sociais da Organización, sendo plenamente aplicable, ás redes sociais, as condicións e termos xerais de uso do portal e a sede electrónica antes expostas; e sen prexuízo de aplicar as condicións e termos ou políticas, establecidos pola propia rede social.
Ademais, informamos que o sitio web integra, no seu caso, plugins ou complementos de redes sociais, respecto a os cales deberá ter en conta o seguinte: Se está rexistrado como usuario na rede social (Facebook, Twitter) e ao visitar este sitio web ten a sesión aberta en calquera destas redes sociais, ao facer " click" nos seus plugins, a rede social recibirá a información que lle indica e que visitou o sitio. Ademais, proporcionará información sobre o seu perfil de usuario desa rede social (nome, email, foto, etc.). Se non está rexistrado na rede social, ou non teñen a sesión aberta mentres visita o sitio web pode ser que a rede social reciba e almacene, polo menos, a súa dirección IP. Se non desexa que unha rede social recompile os datos persoais, nin que os comparta connosco nin con terceiros, consulte a política de privacidade da rede social correspondente e peche sesión na mesma antes de visitar este sitio web.
Tamén poderá eliminar as cookies existentes que instalase a rede social no seu computador usando as funcións do seu navegador.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible