Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Identidade dixital

Nesta páxina

Que é?

Do mesmo xeito que usas o teu DNI para identificáreste para realizar calquera trámite ou xestión presencialmente, a túa identidade dixital permitirache levar a cabo múltiples xestións co Concello da Coruña comodamente dende o teu móbil ou o teu ordenador, no momento que ti queiras e desde calquera lugar.

Mediante o sistema de identidade dixital do Concello da Coruña, poderás utilizar moitos servizos municipais mediante un proceso simple de rexistro a través dunha conta de correo electrónico e/ou utilizando a túa identificación en redes sociais (Google, Apple, Facebook ou Instagram).

Dependendo do nivel de acceso aos servizos municipais poderás utilizar todos os servizos existentes ou só algúns deles.

Nivel 4

Niveis de acceso aos servizos municipais

Dependendo do servizo municipal ao que queiras acceder, necesitaremos dispoñer de maior ou menor información sobre a túa identidade.

Defínense catro niveis de de acceso aos servizos municipais. Cada servizo necesitará un nivel minimo de confianza na identidade do cidadán ou da cidadá e este/a só poderá acceder ao dito servizo se está identificado/a con ese nivel de acceso ou un superior.

Niveis existentes

Os niveis son os seguintes:

Nivel 1: Baixo

O medio de identificación foi un rexistro mediante correo electrónico ou entrada cunha rede social (Facebook, Google ou Apple). Neste nivel a persoa só asegura que ten acceso ao correo electrónico que proporcionou mantendo o anonimato. Permitiralle facer trámites e xestións nos que non sexa obrigatorio proporcionar datos da súa identidade, por exemplo, informar dunha incidencia ou fochanca na vía pública, solicitar un colector na súa rúa etc.

Nivel 2: Medio

A persoa asociou un número de teléfono móbil coa súa conta verificando que ten acceso a esa liña telefónica. Cada número de teléfono estará vinculado a unha única conta de persoa usuaria. Este nivel non proporciona información sobre a identidade da persoa pero dá unha relativa confianza da súa existencia real. Este nivel permitiralle votar en procesos participativos.

Nivel 3: Alto

Para obter este nivel a persoa proporcionaría datos persoais que se comproban cos que obran en posesión do Concello. Un exemplo destes datos poden ser o seu DNI, número de Tarxeta Millennium e código postal de empadroamento. Unha vez verificados, a persoa terá acceso a servizos municipais que presenten información persoal que non sexa de alta privacidade por exemplo: consultar os seus impostos, ver o estado dos seus trámites etc. 

Nivel 4: Total

Neste nivel a identidade real da persoa está comprobada. Pode obterse este nivel acudindo a algunha dependencia municipal para realizar unha identificación presencial ou usando un medio confiable como o sistema Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico. Unha vez que a súa conta de persoa usuaria dispoña do nivel 4 poderá realizar todos os servizos municipais dispoñibles como iniciar trámites, presentar documentación, asinar solicitudes etc. Todo isto poderá facelo comodamente dende o seu ordenador ou teléfono móbil incluso aínda que non dispoña de certificado dixital neles.

Que requisitos teño para aumentar o meu nivel de acceso?

  • Dispoñer de DNI
  • Ser maior de 14 anos e dispoñer de correo electrónico

Pódome identificar por Internet?

Se dispón de identificación por Cl@ve, Certificado dixital ou DNI Electrónico pode identificarse por Internet sen ter que desprazarse a ningún sitio e en só uns segundos. Obteña máis información na páxina Activación da identidade dixital cidadá .

Pódome identificar presencialmente?

Se non se pode identificar por Internet poderá facelo co seu móbil (Android ou iOS) e realizar a identificación presencialmente. Obteña máis información na páxina Activación da identidade dixital cidadá .

Preguntas frecuentes

Podo cambiar o meu enderezo de correo electrónico ou móbil unha vez creada a conta?

Si. Unha vez iniciada sesión en Identidade dixital podes cambiar os teus datos de contacto desde o teu perfil de usuario. Este correo non pode estar a ser utilizado noutra conta do concello. Se fose así, entra con esoutro correo e cámbiao para que xa non estea en uso.

Que pasa se non me acordo do contrasinal?

Se tes algunha rede social como Facebook, Google, X ou Apple asociada ao mesmo correo que utilizaches para a túa conta do concello pódeste identificar sen necesidade de lembrar o teu contrasinal.

En caso contrario podes elixir identificáreste recibindo un código no correo electrónico ou un sms no teu móbil (no caso de que introducises o teu número de teléfono móbil no teu perfil).

Tes máis dúbidas?

Podes consultarnos as túas dúbidas por Internet, teléfono ou presencialmente. Elixe o medio que prefiras en Comunícate!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible