Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal

Biblioteca Municipal Monte Alto

Enderezo:

Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 184 382

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

  • Inverno
    • Luns a venres das 9.00 h ás 20.30 h, excepto os mércores, que pecha das 14.00 h ás 16.00 h
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)
  • Verán (15 de xuño a 30 de setembro)
    • Luns a venres das 9.00 h ás 14.00 h e das 16.00 h ás 20.00 h
    • Sábado pechado
  • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto)
    • Luns a venres das 9.00 h ás 13.00 h e das 16.00 h ás 19.30 h
    • Sábado pechada.

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os mércores pecha das 14.00 ás 16.00 h)
  • Verán (15 de xuño a 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h
    • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto): das 9.00 ás 13.00 h e das 16.00 ás 19.00 h
  • Días de peche: sábados, domingos e festivos, e 24 e 31 de decembro.

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 11- Liña 17

Estacións de bicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, coma nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.

Dispón de múltiples múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi,...

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999 e converteuse naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público.

Situada no barrio histórico de Monte Alto, a Biblioteca sitúase na terceira planta do Centro Cívico, do mesmo xeito que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Actividades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión