Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal

Protección Civil Municipal

Enderezo:

Rúa Francisco Pérez Carballo (Coliseum) 2, 3º. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 134 343

Fax:

981 136 001

Páxina web:

http://www.coruna.gal/seguridadciudadana/es/proteccion-civil

Horario:

Horario de oficina:

Luns a venres de 08.00 h a 15.00 h

TITULARIDADE: Área Municipal de Seguridade Cidadá

OFICINAS

Dirección: rúa Francisco Pérez Carballo 2. C.P. 15008 A Coruña.

BASE DE OZA

Dirección: Dársena de Oza, s/n. Nave nº 1, C.P. 15006 A Coruña

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

  • Local: depende da Concellería Seguridade Cidadá.

ACTIVIDADES DO VOLUNTARIADO

  • Colaboración en eventos en recintos pechados (Coliseum, Palacio dos Deportes, Estadio de Riazor...)
  • Colaboración en eventos na vía pública (Concertos, festas populares, actividades deportivas...)
  • Colaboración en probas deportivas acuáticas.
  • Colaboración en rescates acuáticos e procura de persoas desaparecidas tanto en terra como en mar.
  • Actividades formativas e divulgativas a distintos colectivos.
  • Colaboración en alertas por condicións meteorolóxicas adversas.
  • Integran o Grupo de Loxística do PEMU.

SECCIÓNS

  • Naval.
  • Ciclista
  • Sanitaria
  • Loxística.

ACCESO Ao VOLUNTARIADO

Requisitos:

  • Persoas maiores de 18 anos e menores de 65 anos que acrediten dispoñer de tempo libre, superen as probas de aptitude psicofísica e teñan coñecementos de formación básica e específica en materia de protección civil.
  • Así mesmo, as persoas maiores de 16 e menores de 18 anos con permiso paterno e as maiores de 65 anos poderán formar parte das agrupacións como voluntarios de apoio.

Documentación:

  • Impreso de solicitude.
  • Copia do DNI.
  • 2 fotografias tamaño carné
  • CV

NORMATIVA

Regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Excmo. Concello da Coruña, publicado no DOG nº 76 do 6 de abril de 1999.

Decreto 56/2000, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e de actuación de voluntarios, agrupacións e entidades colaboradoras en materia de proteccion civil de Galicia.

Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

Decreto 104/2012, de 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e créase e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, publicado no DOG nº 67 do 9 de abril de 2012.

Orde de 14 de maio de 2012 pola que se regula o modelo de distintivo dos socorristas acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG nº 98 do 24 de maio de 2012.

Decreto 123/2014, de 18 de setembro, polo que se regula a acreditación, a uniformidade e os distintivos do persoal voluntario das agrupacións de voluntarios de protección civil, a imaxe corporativa destas agrupacións e os equipos de mobilidade necesarios para o desenvolvemento das fuciones de protección civil e emerxencias, publicado no DOG nº 185 do 29 de setembro de 2014.

Lei 17/2015, do Sistema Nacional de Protección Civil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión