981 189 821
Información e asesoramento ás persoas consumidoras (tanto empadroadas como non empadroadas).
Tramitación, mediación e arbitraxe das reclamacións (só para persoas empadroadas).
Remisión das reclamacións ao Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo (para as persoas non empadroadas).
Colaboración coas asociacións de persoas consumidoras do noso municipio.
Inverno (setembro a xuño):
Luns a venres de 08:00 h a 14:00 h
Verán (xullo e agosto, excepto Semana Grande):
Luns a venres de 08:00 h a 13:30 h
Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto): luns a venres de 08:00 h a 12:30 h
Normativa
Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa das persoas consumidoras e usuarias e outras leis complementarias, publicado no BOE núm. 287 do 30 de novembro de 2007. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 38 do 13 de febreiro de 2008.
Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo, publicado no BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2008.
Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, publicada no DOG núm. 69 do 11 de abril de 2012 e no BOE núm. 101 do 27 de abril de 2012. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 71 do 13 de abril de 2012.
Lei 3/2014, do 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei xeral para a defensa das persoas consumidoras e usuarias e outras leis complementarias, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, publicada no BOE núm. 76 do 28 de marzo de 2014. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 117 do 14 de maio de 2014.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible