Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina especializada

Torre de Hércules

Enderezo:

Rúa Doctor Vázquez Iglesias 1. 15002 A Coruña

Teléfono:

+(34) 981 223 730

Páxina web:

http://www.torredeherculesacoruna.com

Servizos:

Venda en liña de entradas https://ticketing.coruna.gal/torre/visita/

Horario:

De luns a domingo:

De outubro a maio: das 09.45 ás 17.00 h (última venda ás 15.45 h)

Do 1 ao 15 de xuño e do 16 ao 30 de setembro: das 09.45 ás 17.30 h (última venda ás 16.15 h)

De 16 de xuño ao 15 de setembro: das 09.45 ás 21.00 h (última venda ás 19.45 h)

Prezo / Custo:

Entrada xeral: 3,09 €

Entrada reducida: 1,55 €

Esta é a nosa Torre, o noso símbolo. A súa silueta reflicte sobre o océano a personalidade atlántica dos que habitamos na Coruña.

A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída a finais do século I ou comezos do século II, durante o imperio romano, por un arquitecto de Coimbra de nome Caio Sevio Lupo. A súa luz foi desde sempre un punto de referencia para os navegantes.

O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

A Torre de Hércules está situada na costa norte da península coruñesa, a 50 metros de altitude.

Na súa contorna está o Parque Escultórico da Torre de Hércules .

Desde o ano 2009 forma parte da listaxe de Patrimonio Mundial.

A Torre de Hércules e Picasso

Picasso pintou "La Torre de Hércules" ao óleo nunha táboa. Debuxouna tamén nun dos xornais manuais que fixo na Coruña: nese caso, presentouna sobre un prato e bautizouna como "Torre de caramelo". Así é como a chamaba seu pai, en alusión á cor do granito que a reviste dende o século XVIII. Moitos anos despois da súa marcha, Picasso lembraba ás parellas que, non con intencións paisaxísticas, frecuentan aquel apartado lugar.

    Multimedia

    • Visita virtual á Torre de Hércules

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión