Concello da Coruña

Concello da Coruña

Lingua de signos

Servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos

icona LSE

O Concello da Coruña ofrece un servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos para realizar consultas ao servizo de información 010.

A través deste servizo, as persoas usuarias poderán contactar co 010 utilizando a plataforma Svisual, que permitirá a comunicación tanto cun vídeo-intérprete (con lingua de signos), como vía chat. Deste xeito, facilítase que o servizo 010 sexa un servizo accesible a todas as persoas xordas, independentemente do seu grao e tipo de discapacidade, e de se utilizan ou non a lingua de signos.

Para acceder ao servizo, só é necesario dispoñer dun dispositivo con conexión a Internet, webcam e utilizar un navegador compatible con WebRTC (Chrome ou Mozilla Firefox).

O horario de atención deste servizo é de luns a venres de 10.00 a 14.00 h. Accede aquí ao servizo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión