27 de maio de 2020
A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que a cidade está recuperando a súa actividade, pero “o risco de contaxio segue e cómpre extremar as precaucións e as medidas de hixiene e seguridade”
Con motivo da declaración de loito oficial do Goberno central en memoria das persoas falecidas pola pandemia da COVID-19, acordada polo Real decreto 538/2020, a Corporación municipal gardou un minuto de silencio fronte ao Pazo Municipal de María Pita. A alcaldesa, Inés Rey, recordou que o Concello da Coruña xa adoptou declarar o pasado 4 de maio como día de loito oficial na cidade polas vítimas, pero "quixemos facer esta homenaxe a todas e todos os falecidos".
Sinalou que o risco de contaxio segue, polo que "cómpre extremar as precaucións e as medidas de hixiene e seguridade" e destacou que a recuperación de actividade xa é visible na cidade coa apertura de comercios e locais de hostalaría: "Sen limitacións de franxas horarias para as saídas, imos saíndo pouco a pouco do letargo en que estivemos sumidos e acadando a normalidade". Canto ás consecuencias económicas do estado de alarma, Rey apuntou que "a crise xa se sabía que viría. Por iso, estamos traballando para sacar adiante o Plan de reactivación económica e social da Coruña (Presco) co fin de paliar os efectos da crise e que os sectores máis afectados a superen coa axuda da Administración.
5 resultados
O 22 de set de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou os trofeos da proba na praza de María Pita
O 22 de set de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, deu a saída da carreira e entregoulle á deportista Sofía Toro unha placa en homenaxe ás mulleres deportistas
O 22 de set de 2024
Terá lugar a partir das 9.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, con probas organizadas en dúas quendas por conxuntos e individuais
O 20 de set de 2024
A competición, na que colabora o Concello, realizarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas
O 5 de xul de 2024
As persoas interesadas poderán participar nestas sesións, que promoven hábitos saudables durante o verán, sen necesidade de inscribirse
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible