4 de abril de 2020
Esta racionalización das luces públicas púxose en marcha onte á noite e continuará gradualmente nos próximos días sen afectar á seguridade cidadá
O concello, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, comezou onte á noite a racionalizar a iluminación pública da cidade, co fin de manter esta redución durante o período de confinamento da poboación. Esta racionalización das luces, que non afectará en ningún momento á seguridade cidadá, seguirá a realizarse de maneira gradual nos próximos días.
Onte á noite apagáronse as luces do groso da proposta de racionalización da área de Infraestruturas, correspondente a estes emprazamentos: praza de María Pita, contorna da Torre de Hércules, Parque Monte de San Pedro, Parque de Bens, Xardíns de Méndez Núñez, Parque de Santa Margarida, Parque de Oza, prazas da contorna de Catro Camiños, Parque de Vioño, Parque de San Diego, praza Pontevedra, iluminación ornamental da Cidade Vella e da súa contorna, Rolda Real Club Deportivo (terceira rolda), estrada Baños de Arteixo, Parque Ofimático, Paseo Marítimo (entre o dique de abrigo e As Lagoas / entre As Lagoas e Labañou / entre Labañou e O Portiño) e o polígono da Grela.
As iluminacións ornamentais de zonas singurales da cidade tamén se apagarán, así como as luces de viais, prazas, e instalacións deportivas, de forma selectiva eliminando 1/3 ou 2/3 fases. Ademais, nas luminarias dotadas de telexestión punto a punto tamén se axustarán os niveis de iluminación.
Desde Infraestruturas explican que esta é unha proposta inicial para a racionalización da iluminación pública posto que, á hora de realizar os apagados selectivos, o persoal operario en coordinación coa área de Seguridade Cidadá evaluará o estado final das zonas, podendo decidir nese momento un reaxuste sobre o planificado inicialmente.
Canto á mellora dos valores de contaminación lumínica na cidade debido á redución das luces en espazos públicos poderán ser evaluados a partir das medicións dos valores SQM da rede de sensores de Meteogalicia.
5 resultados
El 22 de sep de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou os trofeos da proba na praza de María Pita
El 22 de sep de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, deu a saída da carreira e entregoulle á deportista Sofía Toro unha placa en homenaxe ás mulleres deportistas
El 22 de sep de 2024
Terá lugar a partir das 9.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, con probas organizadas en dúas quendas por conxuntos e individuais
El 20 de sep de 2024
A competición, na que colabora o Concello, realizarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas
El 5 de jul de 2024
As persoas interesadas poderán participar nestas sesións, que promoven hábitos saudables durante o verán, sen necesidade de inscribirse
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible