23 de xullo de 2020
A concelleira de Innovación, Eva Acón, participa na presentación do conto Oxalante-Oxaleiro dentro das actividades de verán organizadas pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor, OMIC
A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Acón, participou esta mañá na presentación do conto Oxalante-Oxaleiro do escritor Antonio M. Fraga, con ilustracións de Antonio Seijas, en que un grupo de nenas e nenos de entre 4 e 10 anos lle fixeron unha chea de preguntas sobre alimentación. A iniciativa forma parte das actividades de verán que organiza a OMIC no centro de emprego dos Rosales.
A concelleira animou a cativada a comer de maneira sa, e salientou o contido do conto, pensado para rapazas e rapaces entre 7 e 11 anos, e a súa importancia de cara á formación en consumo responsable xa que o "conto traballa dun xeito lúdico e divertido a educación neste campo e resulta un instrumento moi útil e para desenvolver hábitos de vida saudable", dixo.
Para Acón é necesario "inculcar o consumo responsable na cativada e ensinarlles a importancia de comer ben como unha maneira de coidar o medio ambiente e os recursos naturais, e os contos como Oxalante-Oxaleiro resultan un recurso esencial no proceso de formación".
O conto fomenta ademais a lectura e ensina a traballar a relación cos nosos maiores e a comunicación entre diferentes xeracións. Tras a presentación, as nenas e nenos regaláronlles unha pulseira coa pirámide da alimentación á concelleira, ao autor que leu un conto novo e ao ilustrador que fixo uns debuxos durante a lectura.
5 resultados
O 22 de set de 2024
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou os trofeos da proba na praza de María Pita
O 22 de set de 2024
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, deu a saída da carreira e entregoulle á deportista Sofía Toro unha placa en homenaxe ás mulleres deportistas
O 22 de set de 2024
Terá lugar a partir das 9.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, con probas organizadas en dúas quendas por conxuntos e individuais
O 20 de set de 2024
A competición, na que colabora o Concello, realizarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas
O 5 de xul de 2024
As persoas interesadas poderán participar nestas sesións, que promoven hábitos saudables durante o verán, sen necesidade de inscribirse
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible