6 de setembro de 2020
As solicitudes deste servizo municipal de balde, que retomou a súa actividade con todas as medidas necesarias para evitar contaxios, poderán realizarse a partir de mañá e até o día 25 deste mes
O Concello da Coruña, a través da área de Xuventude, abre un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas semanais para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio municipais. Desde mañá, 7 de setembro, e até o día 25 deste mes poderá solicitarse sempre e cando a metade do grupo sexa menor de 30 anos e se o 50% da agrupación acredita vivir ou cursar estudos actualmente na cidade. Estes son os dous únicos requisitos para desfrutar das dúas horas semanais de ensaio por grupo. Os impresos poden descargarse no portal web www.locaisdensaio.blogspot.com e as olictudes poden enviarse ao correo electrónico xuventude@coruna.es
Este servizo municipal retomou a súa actividade a comezos de xullo cunha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, que deben seguir un protocolo ideado para previr contaxios:
- Toma de temperatura antes do acceso.
- A capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4 m² a cada integrante dos grupos.
- As salas, e os equipos dos que están provistas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.
Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña, ubicados nos baixos do Coliséum, contiguos á Sala O Túnel, son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.
12 resultados
O 9 de out de 2024
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros
O 6 de out de 2024
Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
O 4 de out de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu aos 14 equipos da competición e fixo entrega dun obsequio a César Carballeira polo seu título de campión do mundo
O 2 de out de 2024
A proba celebrarase o vindeiro domingo 20 de outubro
O 1 de out de 2024
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan a proba, un clásico do calendario deportivo anual da cidade, e que chega este ano á súa XVIII edición
O 30 de set de 2024
O Concello e a Federación Galega e Española de Surf organizan este torneo que se celebrará na praia do Matadoiro, onde haberá tamén diferentes propostas de ocio e gastronomía
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible