Poderá reclamarse en vía económico-administrativa en relación coas seguintes materias:
- a) A aplicación dos tributos e a imposición de sancións tributarias que realice o Concello, as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deste e os concesionarios de servizos públicos aos que se encomendou a exacción dalgunha taxa ou prezo público
- b) Calquera outra que se estableza por precepto legal expreso
En relación coas materias anteriores, os actos susceptibles de reclamación económico-administrativa son os seguintes:
- a) Os que provisional ou definitivamente recoñezan ou deneguen un dereito ou declaren unha obriga ou un deber
- b) Os de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto ou poñan termo ao procedemento
En materia de aplicación dos tributos son reclamables:
- a) As liquidacións provisionais ou definitivas
- b) As resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación dunha autoliquidación ou dunha comunicación de datos
- c) As comprobacións de valor de rendas, produtos, bens, dereitos e gastos, así como os actos de fixación de valores, rendementos e bases, cando a normativa tributaria o estableza
- d) Os actos que deneguen ou recoñezan exencións, beneficios ou incentivos fiscais
- e) Os actos que determinen o réxime tributario aplicable a un obrigado tributario, en canto sexan determinantes de futuras obrigas, mesmo formais, ao seu cargo
- f) Os actos ditados no procedemento de recadación
- g) Os actos respecto dos que a normativa tributaria así o estableza
- h) Os actos que impoñan sancións
Os actos susceptibles de reclamación económico-administrativa detállanse no artigo 4 do Regulamento orgánico do tribunal.