Concello da Coruña

Concello da Coruña

Materias e actos contra os que se pode recorrer

Materias e actos contra os que se pode recorrer

Poderá reclamarse en vía económico-administrativa en relación coas seguintes materias:

  • a) A aplicación dos tributos e a imposición de sancións tributarias que realice o Concello, as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deste e os concesionarios de servizos públicos aos que se encomendou a exacción dalgunha taxa ou prezo público
  • b) Calquera outra que se estableza por precepto legal expreso

En relación coas materias anteriores, os actos susceptibles de reclamación económico-administrativa son os seguintes:

  • a) Os que provisional ou definitivamente recoñezan ou deneguen un dereito ou declaren unha obriga ou un deber
  • b) Os de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto ou poñan termo ao procedemento

En materia de aplicación dos tributos son reclamables:

  • a) As liquidacións provisionais ou definitivas
  • b) As resolucións expresas ou presuntas derivadas dunha solicitude de rectificación dunha autoliquidación ou dunha comunicación de datos
  • c) As comprobacións de valor de rendas, produtos, bens, dereitos e gastos, así como os actos de fixación de valores, rendementos e bases, cando a normativa tributaria o estableza
  • d) Os actos que deneguen ou recoñezan exencións, beneficios ou incentivos fiscais
  • e) Os actos que determinen o réxime tributario aplicable a un obrigado tributario, en canto sexan determinantes de futuras obrigas, mesmo formais, ao seu cargo
  • f) Os actos ditados no procedemento de recadación
  • g) Os actos respecto dos que a normativa tributaria así o estableza
  • h) Os actos que impoñan sancións

Os actos susceptibles de reclamación económico-administrativa detállanse no artigo 4 do Regulamento orgánico do tribunal.

O TEAM en profundidade

Normativa

Memorias

  • Memoria 2005 (100 KB)
  • Memoria 2006 (77 KB)
  • Memoria 2007 (202 KB)
  • Memoria 2008 (91 KB)
  • Memoria 2009 (105 KB)
  • Memoria 2010 (119 KB)
  • Memoria 2011 (109 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión