- Luns: pechado
- De martes a sábado
Mañás das 11.00 ás 13.30 h
Tardes: das 18.00 ás 20.00 h
- Domingos e festivos
Mañás das 12.00 ás 14.00 h
Entrada gratuíta
Acceso:
Dende o vindeiro martes 9 de maio de 2023 a Casa Museo Picasso terá visitas guiadas para o público xeral nos seguintes horarios:
Sábado, domingo e festivos: 12.00 horas
Xoves: 18.00 horas
Capacidade: 15 persoas
Reservas
Teléfono: 981 189 854
Correo electrónico: casasmuseo.coruna@galipat.es
O acceso é gratuíto.
Para reservas de centros educativos é preciso reservar no correo electrónico: casasmuseo@coruna.gal
Que podes visitar?
Segunda planta
Casa Museo. A vivenda dedicada ao pintor. O obxectivo é dar a coñecer a vida, a obra e a contorna do artista durante a súa etapa coruñesa.
Planta baixa
Exposición "Guernica, a viñeta universal. Humor gráfico na escuridade", dentro da programación da III edición do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), do 29 de abril ata o 30 de xuño.
Fondos:
Na Casa Picasso reproducíronse 33 obras, das cales 4 son do pai e as demais do mozo Picasso. Estas obras integráronse dentro da decoración da casa, nas diferentes estancias de uso excepto nos dormitorios.
Hai óleos sobre lenzo, óleos sobre madeira, debuxos a lapis e a pluma, tintas, carbóns e acuarelas.
Exposición permanente: Soño e mentiras de Franco
Datos de interese:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible