Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Colexiata de Santa María do Campo

Enderezo:

Rúa Damas 24. 15001 A Coruña

Teléfono:

+ (34) 981 220 386

Horario:

Arquivo e atención a fregueses: Luns a venres de 11.00 h a 13.00 h. Misas: Luns a domingo ás 10.00 h.

Igrexa de estilo románico-oxival, construída entre os séculos XII ao XIV. Situábase fóra das antigas murallas da cidade, de aí provén o seu nome.

A fachada modificouse en 1880. Conta con tres portadas. Consérvase o pórtico principal, que é o primitivo. O rosetón é oxival, do S.XIV e a torre das campás, do S.XV, pertence ao ocival dexenerado. No atrio hai un cruceiro de finais do S.XV. Ten sepulcros medievais nas naves e interesantes imaxes de pedra policromada coa anunciación. O altar é de prata repuxada.

Tamén coñecida co nome Santa María do Mar, por ser a antiga igrexa do gremio dos mareantes. Durante longo tempo mantívose o costume entre os mariñeiros e navegantes de efectuar a súa primeira visita a esta igrexa, en canto regresaban do mar, en sinal de agradecemento por arribar felizmente a porto.

En 1441 recibe a categoría de colexiata de mans do arcebispo de Compostela Don Lope de Mendoza.

Declarada Ben de Interese Cultural desde 1931.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión