15 de mayo de 2023
A intervención se está a levar a cabo no treito norte, conectado coa rúa Santa Cecilia e a rolda de Monte Alto. Acometerase a renovación total da rede de saneamento, o pavimento da rúa e o sistema de iluminación
O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, iniciou as obras para mellorar a accesibilidade no sector norte da rúa San Antonio, situada no barrio de Monte Alto. A previsión é que os traballos rematen a finais do mes de setembro.
A intervención, que se está a executar baseándose nas solicitudes veciñais, está centrada no treito de San Antonio comprendido na intersección conectada coa rúa Santa Cecilia e a rolda de Monte Alto. En primeiro lugar completarase a eliminación do firme para acometer a renovación da rede de saneamento, que implicará a substitución dos antigos colectores, feitos en gres e con 200 mm de diámetro exterior. As novas tubaxes serán de PVC e contarán cun diámetro exterior máis amplo, de 315 mm, que reforce a seguridade fronte a posibles fugas.
Xa posteriormente, levarase a cabo a renovación total do firme, que pasará a estar disposto en forma de plataforma única, coas zonas peonís adoquinadas e diferenciadas do carril central -con 2,5 metros de anchura, e destinado ao paso dos vehículos para as persoas residentes-, no que o pavimento será disposto en formigón semipulido.
Ademais, reconfigurarase o cruzamento entre o treito norte de San Antonio e a rúa Santa Cecilia, ampliando os espazos peonís. Ademais de incrementar a superficie de beirarrúa neste enclave, no acceso ao principal paso peonil con Santa Cecilia disporase un pavimento específico con baldosa podotáctil.
Acometerase tamén a renovación do circuíto de iluminación, coa retirada das antigas lámpadas, xa obsoletas. Substituiranse por dispositivos de última xeración e tecnoloxía led, máis eficientes e susceptibles de poder regularse por tramos horarios.
Remodelación das escaleiras de acceso á rolda de Monte Alto
No contexto dos traballos, está previsto executar proximamente unha renovación integral das escaleiras que conectan a rúa San Antonio coa rolda de Monte Alto. Neste enclave, levarase a cabo unha remodelación en catro treitos, de 7, 6, 9 e 12 chanzos, en baixada cara á rolda de Monte Alto. Entre treito e treito disporanse relanzos de entre 2,2 e 1,2 metros de lonxitude.
Partindo desde o alto de San Antonio, en ambos os laterais das escaleiras levarase a cabo un recubrimento do valo existente, con empedrados e callaos. En paralelo aos laterais do valo instalaranse tamén pasamáns dobres.
Esta intervención implicará, ademais, o aproveitamento dos laterais inferiores das escaleiras, onde se crearán dúas pequenas xardineiras onde se disporán, ademais, novos espazos con bancos de madeira.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible