14 de marzo de 2020
A poboación maior e que estea soa ou que teña mobilidade reducida poderá poñerse en contacto neste teléfono con persoal do concello co fin de cubrir as súas necesidades
O servizo telefónico do 010 atenderá estes días todas as demandas da veciñanza máis vulnerable co fin de que teñan as súas necesidades básicas cubertas. Para iso, a concellería de Benestar Social está organizando un equipo de persoas voluntarias, que asistirán a todas e todos que así o necesiten. As persoas cooperantes que queiran colaborar neste servizo, deberán cumplimentar un formulario en https://twitter.com/YoyaNeira/status/1238845628689547264 As únicas condicións é ser maior de idade e non pertencer a colectivos de risco.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible