Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2022

O Concello da Coruña dá comezo ás obras de reurbanización na travesía da Torre, onde se disporá unha plataforma única e gañaranse espazos peonís

Os traballos abranguen a reforma completa do cruzamento coas rúas Tren e Disciplina. Ademais, plantaranse 14 árbores co obxectivo de gañar espazos verdes na contorna

O Concello da Coruña acomete, desde este xoves, a reurbanización da travesía da Torre, no barrio de Monte Alto, unha obra que procura garantir a accesibilidade universal dos seus percorridos peonís. 

O proxecto inclúe a reordenación deste ámbito dispoñendo unha plataforma única que diferenciará as zonas para peóns e de tráfico rodado con distintos firmes. Ademais, plantaranse 14 árbores, dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de expansión de zonas verdes e arboredo nos espazos urbanos.

A intervención na travesía, que comezou esta mañá coa pertinente sinalización da área a reurbanizar, chegará tamén ás conexións coas rúas Tren e Disciplina, onde se reformarán os cruzamentos para aumentar os espazos peonís, co obxectivo de evitar o estacionamento indebido que se realiza neses puntos. Ademais, a disposición de arboredo prevista polo servizo de Infraestruturas do Concello tamén chegará aos cruzamentos da travesía da Torre coas rúas Tren, Disciplina e Xustiza.

As alternativas e percorridos dispostos para o tráfico durante o inicio dos traballos

O servizo municipal de Mobilidade prevé alteracións no tráfico na travesía da Torre e os cruzamentos coas rúas Tren e Disciplina ata as 18.30 horas do vindeiro día 17 de abril, co corte total deste punto para levar a cabo tarefas de pavimentación integral e novas redes de saneamento. 

Neste sentido, facilitaranse alternativas para o tráfico no acceso á travesía da Torre pola rúa Xustiza, así como un acceso á rúa Alcalde Folla Yordi desde a rúa Tren, pasando pola rúa Campo de Artillería. Baseándose nisto, executarase un cambio da dirección do tráfico en Campo de Artillería para dar saída aos vehículos que acceden desde a rúa Tren, así como unha modificación da dirección do tráfico na rúa Xustiza, desde a rúa Traballo, ata a travesía da Torre.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión