24 de septiembre de 2022
As obras consistiron na reforma completa do cruzamento coas rúas Tren e Disciplina e a suma de novos espazos verdes na contorna
O Concello da Coruña finalizou os traballos de reurbanización da travesía da Torre, no barrio de Monte Alto. O obxectivo desta actuación é garantir a accesibilidade universal dos seus percorridos peonís a través da humanización da contorna.
O proxecto incluíu a reordenación deste ámbito coa disposición dunha plataforma única que diferencia as zonas para peóns e peoas e de tráfico rodado con distintos firmes. Ademais, plantáronse 14 árbores, dentro da estratexia do Goberno de Inés Rey de expansión de zonas verdes e arboredo nos espazos urbanos.
A intervención na travesía prolóngase ata as conexións das rúas Tren e Disciplina, onde se reformaron os cruzamentos para aumentar os espazos peonís e evitar o estacionamento indebido que se realiza neses puntos. Ademais, a disposición de arboredo tamén chegou ás interseccións da travesía da Torre coas rúas Tren, Disciplina e Xustiza.
Mellora nas zonas verdes
En paralelo a esta actuación na travesía da Torre, o Goberno municipal de Inés Rey tamén finalizou os traballos de mellora na praza de Cántigas da Terra, tamén no barrio de Monte Alto, onde se mellorou a xardinería. Tamén se renovaron as zonas verdes das rúas Nosa Señora do Rosario e Faro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible