Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de decembro de 2018

O Goberno local outorga á cooperativa A Carnocha a primeira licenza de primeira ocupación no Ofimático

O concelleiro Xiao Varela salienta que a celeridade coa que o Concello tramitou o permiso, en menos de 24 horas tras a alta do subministro eléctrico, ratifica o compromiso do executivo local co desenvolvemento do novo barrio

O edil de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, asinou esta mañá a concesión da licenza de primeira ocupación para a cooperativa de A Carnocha, a primeira das situadas no Parque Ofimático que conta con subministro eléctrico. O responsable municipal salientou que o Concello resolveu "en menos de 24 horas, os trámites precisos para outorgar a licenza dende que se recibiu o certificado da compañía de distribución eléctrica. "O Goberno local ten o seu traballo rematado dende o verán e mediou dende entón  entre os e as cooperativistas e Unión Fenosa Distribución para tentar axilizar os trámites e requisitos da instalación. Como viñemos dicindo nos últimos meses e como vén confirmar a concesión da licenza a A Carnocha hoxe, o Concello está en disposición de resolver con moita brevidade as licenzas en canto as partes teñen os papeis en regra", indica Varela. Tal e como lembra o concelleiro, a cooperativa Cofuncovi ten tamén os trámites precisos moi avanzados, xa que contan coa alta de posta en marcha por parte da Consellería de Industria.

"Esta licenza evidencia que o Parque Ofimático ten futuro e que pode ser un sector habitable da cidade, un barrio máis. O drama social que supuxo durante décadas vaise apagando e solucionando, como aconteceu coa paralización dos despexos previstos pola anterior corporación no núcleo de Elviña. Quedan cousas por resolver que estamos abordando, pero a máis importante, a máis urxente, está resolta para A Carnocha e esperamos que, en breve, o estea tamén para o resto", manifesta o responsable municipal, quen incide en que detrás do proceso de para resolver a situación do Parque Ofimático está tamén "o impulso a un modelo urbanístico distinto nesta cidade". Neste sentido, Varela afirma que os pasos dados para atopar unha solución no Parque Ofimático amosan "a contraposición co modelo anterior, baseado na especulación inmobiliaria" e supoñen tamén un impulso ao modelo de construción e propiedade baseado no cooperativismo, "que forma parte da solución con respecto ao mercado inmobiliario e ao que sucedeu nas últimas décadas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión