A Ordenanza reguladora da administración dixital no Concello da Coruña, aprobada de forma definitiva na sesión plenaria celebrada o 4 de maio de 2023, ten por obxecto unha xestión racional, xusta e transparente da administración local, achegándoa á cidadanía.
5 de maio de 2023
As súas finalidades son a de ampliar os principios xerais para o desenvolvemento da administración dixital, así como a participación a través de medios electrónicos; incorporar aos procedementos administrativos as melloras que achegan o uso de medios electrónicos e as novas tecnoloxías; mellorar a eficacia e eficiencia da actuación administrativa dos/as as empregados/as públicos/as, así como na súa relación coa cidadanía; establecer un modelo de xestión pública baseado no uso eficiente dos datos e os medios tecnolóxicos do sector público municipal, coa vocación de reducir as cargas administrativas que pesan sobre as persoas e as empresas.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible