Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Diversidade funcional

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para persoas con diversidade funcional, coa que os seus beneficiarios e as súas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    Tanto para obter por primeira vez a Tarxeta Millennium como para a súa renovación

    REQUISITOS:

    • Estar empadroado/a no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
    • Ter ingresos brutos inferiores a 1.235 €/mes = 17.290 €/ano por membro da unidade familiar.
    • Ter recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

    DOCUMENTACIÓN:

    • DNI orixinal
    • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente no portelo ou descargándoo na páxina web)
    • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente no portelo ou descargándoo na páxina web)
    • Declaración Responsable _ Diversidade Funcional cumprir os requisitos.
    • Orixinal e fotocopia do certificado do grao de discapacidade ou tarxeta da Xunta indicando o grao de discapacidade ou resolución sempre que conste Incapacidade Permanente/Total/Absoluta/Grande Invalidez sen condicionar (en caso de renovación é suficiente coa presentación do certificado orixinal da Xunta, agás nos supostos nos que se producise calquera modificación nel).

    Esta tarxeta ten unha validez de 1 ano, sempre que a persoa titular manteña o seu padrón no Concello da Coruña e o certificado de discapacidade vixente. No caso de variar algunhas destas dúas condicións, a tarxeta deberase entregar nas oficinas municipais para cambio de perfil. Para a súa renovación a persoa titular deberá presentar unha Declaración responsable de que segue cumprindo os requisitos.

    Roubo, perda ou deterioración:

    En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda). En calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

    Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

    É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

    En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,12 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición das tarxeta é gratuíta.

BOP_Tarxeta Millennium Coruña

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da AEAT (447 KB)
  • Autorización para solicitar datos da INSS e datos de identidade de persoas físicas (158 KB)
  • Documentos relacionados

Solicitude presencial

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible