Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta para estacionamento en lugares reservados para persoas con diversidade funcional

En que consiste?:

Tarxeta que permite estacionar ao seu titular, con calquera vehículo, nos espazos habilitados para o efecto e debidamente sinalizados horizontal e vertical.

Onde se fai?:

SOLICITUDE POR PRIMEIRA VEZ OU RENOVACIÓN

Rexistros Municipais:

María Pita, Franxa (obter Carta de Pagamento de Taxas/ Prezos Públicos e Caixa Municipal), Ágora, Urbanismo, Mesoiro ou Oficinas de Rehabilitación na Estación de Autobuses ou Sede electrónica.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Estar empadroado no Concello da Coruña.
  • Ter recoñecidas dificultades de mobilidade que impidan o uso do transporte público colectivo ou unha discapacidade visual que implique un grao das limitacións na actividade igual ou superior ao 75 %.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude.
  • 1 fotografía tamaño carné recente e orixinal.
  • DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan del, achegarase o DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • Certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.

RENOVACIÓN

É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal ou Sede electrónica achegando 1 fotografia recente e orixinal. A valoracion da discapacidade, se a anterior non era definitiva.

RECOLLIDA DA TARXETA

Unha vez que o interesado recibe no seu domicilio a notificación da concesión da tarxeta, pode pasar a recollela na Sección de Circulación situada na planta baixa da Estación de Autobuses, Rúa Cabaleiros nº 21 (Estación de Autobuses) achegando a seguinte documentación:

  • DNI do titular (orixinal)
  • Notificación da concesión.
  • Tarxeta anterior (no suposto de renovación).

A tarxeta só se pode retirar de xeito presencial polo titular.

EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA OU ROUBO

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan del o, achegarase copia do DNI da nai, do pai ou do titor legal.
  • 1 fotografía tamaño carné.
  • Denuncia (no suposto de roubo ou perda).
  • Aboar a taxa establecida de 3 euros (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.12.2) na Caixa Municipal nos Servizos Económicos da rúa Franxa.

A citada documentación débese presentar nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal.

BAIXA DA TARXETA

  • Rexistro Xeral Municipal, xunto cunha solicitude de baixa.
  • Na propia oficina de Circulación na Estación de Autobuses.

VIXENCIA DA TARXETA

Vén determinada polo Certificado de Discapacidade

  • Certificado Definitivo: a tarxeta ten unha validez de 10 anos, unha vez transcorridos, hai que renovala.
  • Certificado Provisional: a validez da tarxeta é a mesma que a do certificado de discapacidade. Para renovala deberá presentar un novo certificado de discapacidade.
  • A tarxeta ten validez en todos os países da Comunidade Económica Europea.

Internet

Teléfono

Máis información:

LUGARES RESERVADOS PARA ESTACIONAR AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Zona Pescaría - Cidade Vella

Zona Monte Alto

DISTRITO 3

Zona Ensanche

Zona Falperra

Zona Os Mallos

Zona Sagrada Familia

Zona Santa Margarida

Zona Cidade Xardín

Zona Labañou

Zona Os Rosales

Zona Riazor

Zona San Pedro de Visma

Zona Agra do Orzán

Zona Barrio das Flores

Zona Castrillón

Zona Os Castros

Zona Elviña

Zona Gaiteira

Zona Lonzas

Zona Matogrande

Zona Monelos

Zona Someso

Zona Eirís

Zona As Xubias

Zona A Grela

Zona O Martinete

Zona Ventorrillo

TITULARIDADE: Unidade de Circulación

Documentos relacionados

  • Lei 10/2014, do 3 de decembro (466 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión