Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Creado por decreto 210/1989 do 5 de outubro da Xunta de Galicia, o CGAI inaugurouse o 15 de marzo do ano 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de maneira regular.
As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son:
A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior.
A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
As súas instalacións, 1.200 metros cadrados, están localizadas na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da cidade da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible