+ (34) 881 881 701
Martes a venres de 10:00 h. a 20:00 h. Sábado de 10:00 h. a 14:00 h. e 16:30 h. a 20:00 h. Domingo de 10:00 h. a 14:00 h.
Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)
Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa habitual)
O Museo de Belas Artes é un dos espazos culturais máis destacados de Galicia. A súa actual sede, construída sobre as ruínas dun antigo convento do século XVIII, é o resultado dun proxecto deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, inaugurado en 1995 e gañador do Premio Nacional de Arquitectura en 1997.
TARIFAS
Entrada xeral: gratuíta temporalmente (2,40 € tarifa habitual)
Entrada reducida: gratuíta temporalmente (1,40 € tarifa temporal)
Cota cero:
VISITAS GUIADAS ESCOLARES
Destinatarios: alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
Itinerario: percorrido didáctico polas salas do Museo, adptado aos diferentes niveis educativos.
Duración da visita: 1 hora e 20 minutos (aproximadamente)
Prezo: gratuíto.
Grupos: mínimo 25 e máximo 50 alumnos.
Horario das visitas: martes a venres ás 10.00 h e ás 11.30 h.
Reserva:
SALAS E EXPOSICIÓNS
DATOS DE INTERESE
Edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas, presenta numerosas obras procedentes do Museo do Prado, pintura española e europea do XVI ao XX, pintura galega do XIX e XX. Expón tamén unha ampla colección de gravados de Goya e pezas de cerámica de Sargadelos.
O Museo de Belas Artes creouse en 1942 a iniciativa dun nutrido grupo de artistas e intelectuais amantes da arte, aglutinados ao redor da Real Academia de Belas Artes da Coruña, e aberto ao público en 1947. O edificio que o albergaba, coñecido como Casa do Real Consulado do Mar (agora alberga a biblioteca do Consulado), é unha bela mostra do neoclasicismo do último cuarto do século XVIII. Do primitivo palacio consérvase hoxe a estrutura exterior, o patio e a escaleira; sufrindo o interior unha remodelación para adaptar as súas instalacións ás necesidades museográficas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible