Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Praza de Azcárraga

A Praza de Azcárraga atópase situada na cidade vella da Coruña e é adxacente á Praza da Constitución coa que forma un espazo continuo.

Ao longo da historia fué coñecida tamén como Praza da Fariña ou Praza do Mercado. Outros nomes que recibiu historicamente foron Real ou da Constitución. Antigamente a praza abarcaba todo o espazo entre o palacio de CaPita nía Xeral e cálea Damas, pero tras a Guerra Civil a zona máis próxima a CaPita nía cambiou de nome (a actual Praza da Constitución, e anteriormente Praza do Xeneral Franco).

Durante algúns séculos fué a praza principal da cidade e albergou en distintos edificios as casas consistoriais.

En 1896, e aproveitando a remodelación da praza deseñada polo arquitecto Pedro Mariño, dedícase a praza ao xeneral Marcelo de Azcárraga, ministro da Guerra no gabinete de Cánovas do Castelo, e que restituíu a sede de CaPita nía Xeral á cidade.

A actual praza presenta unha forma rectangular, dividida en catro paseos peonís lousados que conflúen nunha rotonda central onde se atopa a Fonte do Desexo. A fonte, levantada en 1870 e posteriormente recolocada, dispón de catro caños e abastecía na súa época aos veciños da zona, na que se atopaban tamén acuartelamentos militares, hosPita lles e prisión. Está coroada por unha escultura de muller tallada en bronce que representa ao desexo, e que porta na súa man dereita un farol. A fonte fué fundida nos talleres Dungem de París.

A praza ten un cantón superior que conecta co resto da praza mediante unha escalinata que leva ata os xardíns nos que destacan bananeiros centenarios e fresnos.

Rodeando á praza atópanse edificios como o antigo Goberno Militar ou, conectando coa praza da Constitución, a igrexa románica de Santiago.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión