Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Cursos municipais de autoemprego

    Cando:

    Dende o 15/09/2025 ata o 24/10/2025

    Son semanas diferentes.

    Do 15 ao 18 de setembro.

    Do 22 ao 26 de setembro.

    Do 20 ao 24 de outubro.

    Os cursos están orientadas a mellorar a formación de persoas que desexen iniciar un proxecto empresarial ou consolidar o seu negocio. Os cursos a partir de setembro son "márketing dixital para pemes", "claves para o financiamento da túa peme" e "plan de empresa - Nivel II".

  • Bolsa de traballo de Administrativo ou Administrativa no Concello de Lousame

    Inscricións:

    Ata o 14/08/2025

    Bolsa de emprego para a contratación laboral temporal para a substitución dos postos de Administrativo ou Administrativa de Intervención e de Cultura.

  • Axudas Erasmus+ para experiencias deportivas

    Cando:

    Dende o 21/06/2025 ata o 01/10/2025

    Inscricións:

    Dende o 21/06/2025 ata o 01/10/2025

    O INJUVE presenta esta axuda co obxectivo de brindar ao persoal das organizacións deportivas, principalmente nos deportes de base, a oportunidade de mellorar as súas competencias e cualificaciones e de adquirir novas capacidades a través da mobilidade para a aprendizaxe pasando un período de tempo no estranxeiro.

  • Festas María Pita 2025

    Cando:

    Dende o 01/08/2025 ata o 31/08/2025

    As Festas de María Pita 2025, que neste ano cumpren 175 anos da primeira celebración das Festas da Coruña, encherán o mes de agosto de multitude de propostas culturais e de lecer para toda a cidadanía.

  • Educadora social para o Concello de Ferrol

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    Probas selectivas, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, para a selección dunha educadora social, funcionaria interina por execución do programa de “atención integral para mulleres en situación de violencia de xénero de Ferrol e das persoas que delas dependan”.

  • 2 prazas de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, 4 prazas de técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e 4 prazas de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información do Sergas

    Inscricións:

    Ata o 15/09/2025

    Concurso-oposición para o ingreso nas categorías de Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información (C1), Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información (A2) e Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información (A1).

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible